luns, 5 de febreiro de 2018

Día da Paz na escola

O martes 30  celebramos xuntos no patio o Día da Paz cantando a versión en galego da canción de Roberto Carlos "Un millón de amigos".




Bicos a moreas!

domingo, 21 de xaneiro de 2018

xoves, 18 de xaneiro de 2018

Radio Caramuxo

Hoxe fixemos unha proba de son, se mañá chove, será culpa nosa. Pero fai falta auga. 

Hoxe fixemos unha proba de son, se mañá chove, será culpa nosa. Pero fai falta auga. 

xoves, 4 de xaneiro de 2018

Nadal 2017

Tócanos a nós! Ás rapazas e rapaces de Primaria, para que teñades un Bo Nadal e disfrutedes das nosas Panxoliñas. Ollade como o pasamos.


Agora teremos que pedirlle aos Reis de Oriente unha boa cámara de fotos e vídeo, para os grandes eventos, pois estas xa non dan máis de si.

Feliz Ano 2018

Bicos a moreas!


Que compre unha nova o Director!


luns, 11 de decembro de 2017

Encontro Intercentros de trompos

Este xoves 30 xuntáronse as escolas do Concello de Sanxenxo e coa participación dunha representación de alumnas e alumnos participaron na nos encontros de trompos. Unha vez máis con diferentes modalidades e premios que proporcionou a Concellería de Cultura e Educación de Sanxenxo, representada por Dona Paz Lago Martínez, á cal lle temos que agradecer o seu apoio e traballo en prol das nosas costumes e tradicións.

Grazas a todas e todos e ata o vindeiro campionato.



Bicos a moreas!