Grazas á Policía Local, ao Poli Paco, a asociación Andarela, aos comercios da nosa Vila, as súas xentes, ás paradas da Praza de Abastos, a todas e todos os que fixéchedes posible coñecer o outro Sanxenxo, quizáis a cara máis fermosa do noso pobo.
Resumo dunha etapa en imaxes dos alumnos e alumnas que hai nove anos entraron na nosa escola en Infantil e agora rematan a etapa de primaria para seguir o seu proceso no IES. Sorte meniños.
As alumnas e alumnos de 6º A versionan e dramatizan un conto para traballar o acoso escolar. Na radio, en plástica, nas linguas, en teatro e facendo un ppt en Tics. Menudo traballazo.
Cooperativas escolares, unha experiencia fantástica onde traballaron distintas áreas e diferentes estándares de aprendizaxe, e o mellor de todo os ingresos teñen unha misión social: colaborar coa asociación "Peludos Invisibles. Unha forma de aprender cuns conceptos de hoxe en día para unha educación de futuro.