domingo, 20 de maio de 2018

Día das Letras Galegas


Agora debemos tentar de facer máis días coma este. Bicos a moreas!

A Florida Tv

1ª emisión de "A Florida TV"



Bicos a moreas!

Depoempre na escola


Cooperativas escolares, unha experiencia fantástica onde traballaron distintas áreas e diferentes estándares de aprendizaxe, e o mellor de todo os ingresos teñen unha misión social: colaborar coa asociación "Peludos Invisibles. Unha forma de aprender cuns conceptos de hoxe en día para unha educación de futuro.


Bicos a moreas!

luns, 23 de abril de 2018

Como facemos unha entrevista


A entrevista preparámola na aula en grupo, durante as clases de linguas, cun aporte de ideas entre todas e todos.
Pasamos as preguntas e o guión da entrevista a formato dixital cun procesador de textos word ou libre office.
Controlamos os tempos e preparamos as cuñas de son: anuncios, música, etc.
Imos a radio escolar e realizamos a entrevista gravámola co audacity e poñémolo como mp3 na nosa carpeta de traballos dos alumnos do servidor NAS da escola.
Volvemos a aula de informática para depurar os sons, igualar os tempos, eliminar silencios, poñer as cuñas, as entradas e remates, etc. Editamos os sons.
cando está preparado subímolo á nosa canle de podcats en Ivoox, e posteriormente dámoslle saída no Blog da radio Caramuxo e no blog do 3º ciclo.
Moitas veces ao tempo que facemos o proceso o grupo de compañeiros que lle toca facer a reportaxe fotográfica colle a cámara de clase e prepara un Movie Maker coas imaxes do proceso e engádelle títulos, créditos e audios.
Para mostra un botón!


Competencia en tecnoloxía. Menudo nivelazo!

domingo, 4 de marzo de 2018

Entrevistando na radio!

Entrevistamos a Miguel o noso conserxe, e ao Director da escola.
Grazas a Candela que fixo a reportaxe fotográfica.



Bicos a moreas!