Páxinas

mércores, 28 de decembro de 2016

luns, 19 de decembro de 2016

O Apalpador

Hoxe na nosa escola o Concello de Sanxenxo puxo a disposición das nenas e nenos unha actividade de recuperación das nosas tradicións populares. A visita do Apalpador ao centro. 
A tradición conta: O vello Apalpador (Apalpabarrigas), ou Pandegueiro como se lle chama en partes do oriente ourensán, é unha figura lendaria galega que achega os agasallos aos nenos polas datas de nadal. Este xigante, de oficio carboeiro, baixaba das devesas e apalpaba as barriguiñas dos cativos. Se estaban cheas dicía: «así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba, pero deixáballes tamén as castañas.
Para tranquilizar aos rapaces, bulideiros pola inquedanza da chegada do Apalpador, os pais cantáballes: 

Vaite logo, meu meniño (miña meniña)
marcha agora para a camiña
Que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña
Xa chegou o día grande
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.
Mañá é dia de cachela,
que haberá gran nevarada
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.

cachela=plancha furada para asar as castañas

mega=cesta para apañar castañas e outros froitos secos
cemba=parte elevada dunha montaña ou camiño

Para saber máis sobre as celebracións do nadal noutros lugares, os personaxes que traen agasallos aos nenos e a súas historias, preme na castaña máxica.

Estátuas no comedor


A Directiva da  A.N.P.A. e as monitoras do  comedor da escola, mandáronos esta montaxe, esperamos que sexa do voso agrado. 

Bo Nadal e Boas Festas

domingo, 13 de novembro de 2016

venres, 11 de novembro de 2016

Leonard Cohen ata sempre!

Para sempre unha voz, unha idea, un sentimento!

 

luns, 31 de outubro de 2016

6º traballando en grupo




"E .... coma siempre". Bicos....,  a moreas !

domingo, 19 de xuño de 2016

Sempre no corazón, meus!



Ás miñas meniñas e meniños..... Bicos a moreas!

Respeto e Tolerancia, xa!




In memoriam! A todas as víctimas da xenofobia e do racismo sola súa condición sexual.

mércores, 1 de xuño de 2016

luns, 30 de maio de 2016

Viaxe de fin de curso 2015-2016

IMPRESIONANTE  E  DIVERTIDO 




Bicos a moreas!

Proxecto Rosalía no 3º Ciclo

Traballos feitos nas aulas de xeito cooperativo

Ángel, Nuria, Pablo e Lucas Cores.




Bicos a moreas!


martes, 24 de maio de 2016

A música na rúa


Cantos artistas hai no mundo que sen ser famosos, cantan e tocan a mellor música, por ser verdadeiramente libres. Este vídeo é unha montaxe feita a partires de diferentes artistas da rúa.


Bicos a moreas!

luns, 23 de maio de 2016

Achégase o remate do curso....


Ánimo que comenzades unha nova andaina. 
Bicos a moreas!

martes, 17 de maio de 2016

17 de maio. Día das Letras Galegas 2016

As nenas e menos da escola homenaxean ao poeta da ialma e da lingua, o poeta da nosa terra que creou para nós, nenos e nenas un xeito novo de facernos ver como somos e como seremos! 





Made in: "Feito polos de 6º "

Bicos a moreas!

luns, 16 de maio de 2016

Charla no 3º ciclo sobre o Intermareal da Lanzada.


Temos un tesouro preto da man e non o valoramos o suficiente. Conciencia ecolóxica dende cativos.


Bicos a moreas!

Charla Orientadora IES Sanxenxo

Recibimos a visita da Orientadora do IES de Sanxenxo. Felicitounos pola forma de traballar e promete ser unha andaina moi interesante.








 O futuro nos espera!

María Solar

No terceiro ciclo recibimos a visita de María Solar, premio Lazarillo, pola súa obra "o meu pesadelo favorito". Foi unha gran visita. Recomendámosvos a lectura.






E... xa sabedes.......  Bicos a moreas!









domingo, 1 de maio de 2016

sábado, 30 de abril de 2016

Proxecto Ríos

Esta semana fixemos unha caminata ata o río Pintillón en Dorrón, estamos traballando de xeito diferente os nosos ríos. Foi unha experiencia fantástica.



Saúdos a todas e todos. Coma sempre de despedida. 
Bicos a moreas!

venres, 29 de abril de 2016

Querer querémoste ben!

Esta montaxe foi feita polas alumnas e alumnos de 6º como traballo final de música para demostralle a todas as persoas que queremos, que por certo, son un feixe delas. 


Subscribídevos á nosa canle de YouTube.

E coma sempre xa sabedes......
Bicos a moreas!

venres, 22 de abril de 2016

Programa T.E.I.

Día do Libro na nosa escola:


Bicos a moreas!

domingo, 17 de abril de 2016

martes, 12 de abril de 2016

Esta peña mola mazo!

Ollade, case dous anos despois as caras seguen igual!
E a mente tamén! Jajajajajaja



Bicos e apertas a moreas!

xoves, 7 de abril de 2016

venres, 1 de abril de 2016

xoves, 31 de marzo de 2016

A todas as nenas e menos do 3º ciclo




Pensade na letra e poñedeo en práctica. 

 É un consello da Direción de Saúde Pública da nosa escola!




mércores, 16 de marzo de 2016

Visita ao IES

Os alumnos e alumnas de 1º, 5º e 6º de primaria fixemos unha visita ao noso futuro IES, co galo dunha exposición de xogos tradicionais e xoguetes antiguos. O xogos dos nosos pais e nais, incluso dos nosos avós e avoas. Unha mañá marabillosa!
Aquí tedes un documental feito polo IES.




Bicos a moreas!

mércores, 10 de febreiro de 2016

domingo, 31 de xaneiro de 2016