Boas Festas
mércores, 28 de decembro de 2016
luns, 19 de decembro de 2016
O Apalpador
Hoxe na nosa escola o Concello
de Sanxenxo puxo a disposición das nenas e nenos unha actividade de
recuperación das nosas tradicións populares. A visita do Apalpador ao centro.
A tradición conta: O
vello Apalpador (Apalpabarrigas), ou Pandegueiro como se lle chama en partes do
oriente ourensán, é unha figura lendaria galega que achega os agasallos aos
nenos polas datas de nadal. Este xigante, de oficio carboeiro, baixaba das
devesas e apalpaba as barriguiñas dos cativos. Se estaban cheas dicía: «así, así esteas todo o ano» e
deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba, pero deixáballes tamén as
castañas.
Para tranquilizar aos rapaces,
bulideiros pola inquedanza da chegada do Apalpador, os pais cantáballes:
Vaite
logo, meu meniño (miña meniña)
marcha
agora para a camiña
Que
vai vir o Apalpador
a
apalparche a barriguiña
Xa
chegou o día grande
día
do noso Señor.
e
virá o Apalpador.
Mañá
é dia de cachela,
que
haberá gran nevarada
e há
vir o Apalpador
cunha
mega de castañas.
xa
ven relumbrando
o
señor Apalpador
para
darvos o aguinaldo.
cachela=plancha furada para asar as castañas
mega=cesta para apañar castañas e outros froitos secos
cemba=parte elevada dunha montaña ou camiño
Para saber máis sobre as
celebracións do nadal noutros lugares, os personaxes que traen agasallos aos
nenos e a súas historias, preme na castaña máxica.
Powered by
Issuu
Publish for Free
Estátuas no comedor
A Directiva da A.N.P.A. e as monitoras do comedor da escola, mandáronos esta montaxe, esperamos que sexa do voso agrado.
Bo Nadal e Boas Festas
domingo, 13 de novembro de 2016
venres, 11 de novembro de 2016
luns, 31 de outubro de 2016
domingo, 19 de xuño de 2016
mércores, 1 de xuño de 2016
luns, 30 de maio de 2016
Proxecto Rosalía no 3º Ciclo
Traballos feitos nas aulas de xeito cooperativo
Ángel, Nuria, Pablo e Lucas Cores.
Ángel, Nuria, Pablo e Lucas Cores.
Bicos a moreas!
martes, 24 de maio de 2016
A música na rúa
Cantos artistas hai no mundo que sen ser famosos, cantan e tocan a mellor música, por ser verdadeiramente libres. Este vídeo é unha montaxe feita a partires de diferentes artistas da rúa.
Bicos a moreas!
luns, 23 de maio de 2016
domingo, 22 de maio de 2016
martes, 17 de maio de 2016
17 de maio. Día das Letras Galegas 2016
As nenas e menos da escola homenaxean ao poeta da ialma e da lingua, o poeta da nosa terra que creou para nós, nenos e nenas un xeito novo de facernos ver como somos e como seremos!
Made in: "Feito polos de 6º "
Bicos a moreas!
luns, 16 de maio de 2016
Charla no 3º ciclo sobre o Intermareal da Lanzada.
Temos un tesouro preto da man e non o valoramos o suficiente. Conciencia ecolóxica dende cativos.
Bicos a moreas!
Charla Orientadora IES Sanxenxo
Recibimos a visita da Orientadora do IES de Sanxenxo. Felicitounos pola forma de traballar e promete ser unha andaina moi interesante.
O futuro nos espera!
María Solar
No terceiro ciclo recibimos a visita de María Solar, premio Lazarillo, pola súa obra "o meu pesadelo favorito". Foi unha gran visita. Recomendámosvos a lectura.
E... xa sabedes....... Bicos a moreas!
domingo, 15 de maio de 2016
domingo, 1 de maio de 2016
sábado, 30 de abril de 2016
Proxecto Ríos
Esta semana fixemos unha caminata ata o río Pintillón en Dorrón, estamos traballando de xeito diferente os nosos ríos. Foi unha experiencia fantástica.
Saúdos a todas e todos. Coma sempre de despedida.
Bicos a moreas!
venres, 29 de abril de 2016
Querer querémoste ben!
Esta montaxe foi feita polas alumnas e alumnos de 6º como traballo final de música para demostralle a todas as persoas que queremos, que por certo, son un feixe delas.
E coma sempre xa sabedes......
Subscribídevos á nosa canle de YouTube.
E coma sempre xa sabedes......
Bicos a moreas!
venres, 22 de abril de 2016
domingo, 17 de abril de 2016
martes, 12 de abril de 2016
Esta peña mola mazo!
Ollade, case dous anos despois as caras seguen igual!
E a mente tamén! Jajajajajaja
Bicos e apertas a moreas!
xoves, 7 de abril de 2016
venres, 1 de abril de 2016
xoves, 31 de marzo de 2016
luns, 21 de marzo de 2016
mércores, 16 de marzo de 2016
Visita ao IES
Os alumnos e alumnas de 1º, 5º e 6º de primaria fixemos unha visita ao noso futuro IES, co galo dunha exposición de xogos tradicionais e xoguetes antiguos. O xogos dos nosos pais e nais, incluso dos nosos avós e avoas. Unha mañá marabillosa!
Aquí tedes un documental feito polo IES.
Aquí tedes un documental feito polo IES.
Bicos a moreas!
domingo, 13 de marzo de 2016
mércores, 10 de febreiro de 2016
domingo, 31 de xaneiro de 2016
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)