Boas Festas
mércores, 28 de decembro de 2016
luns, 19 de decembro de 2016
O Apalpador
Hoxe na nosa escola o Concello
de Sanxenxo puxo a disposición das nenas e nenos unha actividade de
recuperación das nosas tradicións populares. A visita do Apalpador ao centro.
A tradición conta: O
vello Apalpador (Apalpabarrigas), ou Pandegueiro como se lle chama en partes do
oriente ourensán, é unha figura lendaria galega que achega os agasallos aos
nenos polas datas de nadal. Este xigante, de oficio carboeiro, baixaba das
devesas e apalpaba as barriguiñas dos cativos. Se estaban cheas dicía: «así, así esteas todo o ano» e
deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba, pero deixáballes tamén as
castañas.
Para tranquilizar aos rapaces,
bulideiros pola inquedanza da chegada do Apalpador, os pais cantáballes:
Vaite
logo, meu meniño (miña meniña)
marcha
agora para a camiña
Que
vai vir o Apalpador
a
apalparche a barriguiña
Xa
chegou o día grande
día
do noso Señor.
e
virá o Apalpador.
Mañá
é dia de cachela,
que
haberá gran nevarada
e há
vir o Apalpador
cunha
mega de castañas.
xa
ven relumbrando
o
señor Apalpador
para
darvos o aguinaldo.
cachela=plancha furada para asar as castañas
mega=cesta para apañar castañas e outros froitos secos
cemba=parte elevada dunha montaña ou camiño
Para saber máis sobre as
celebracións do nadal noutros lugares, os personaxes que traen agasallos aos
nenos e a súas historias, preme na castaña máxica.
Powered by
Issuu
Publish for Free
Estátuas no comedor
A Directiva da A.N.P.A. e as monitoras do comedor da escola, mandáronos esta montaxe, esperamos que sexa do voso agrado.
Bo Nadal e Boas Festas
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)