A entrevista
preparámola na aula en grupo, durante as clases de linguas, cun aporte de ideas entre todas e todos.
Pasamos as preguntas e o guión da entrevista a formato
dixital cun procesador de textos word ou libre office.
Controlamos os tempos e preparamos as cuñas de son:
anuncios, música, etc.
Imos a radio escolar e realizamos a entrevista gravámola
co audacity e poñémolo como mp3 na nosa carpeta de traballos dos alumnos do
servidor NAS da escola.
Volvemos a aula de informática para depurar os sons,
igualar os tempos, eliminar silencios, poñer as cuñas, as entradas e remates,
etc. Editamos os sons.
cando está preparado subímolo á nosa canle de podcats en
Ivoox, e posteriormente dámoslle saída no Blog da radio Caramuxo e no blog do
3º ciclo.
Moitas veces ao
tempo que facemos o proceso o grupo de compañeiros que lle toca facer a
reportaxe fotográfica colle a cámara de clase e prepara un Movie Maker coas
imaxes do proceso e engádelle títulos, créditos e audios.
Para mostra un botón!
Competencia en tecnoloxía. Menudo nivelazo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario