luns, 16 de marzo de 2020

A escola na casa


Imos estar moito tempo metidos na casa, polo que é recomendable que fagades actividades variadas. Necesitades adicar un tempo diario ás tarefas do cole, que non vai ser tanto tempo como o que pasades no cole xa que é un traballo máis intensivo, pois faltan explicacións do mestre, tempos de organizar o traballo, tempo para dúbidas, explicacións, repasos, traballos, biblioteca…
Eu recoméndovos que poñades un horario fixo de traballo para facer as tarefas da escola en horario de mañá. Podedes empezar ás 10:00, buscar un lugar tranquilo e ben iluminado e traballar en intervalos de 30 minutos, descansando 10. 
A continuación fágovos un exemplo que podedes seguir, pero cada un que se organice en función das súas posibilidades e circunstancias. 
Traballo do cole de 10:00 a 10:30
Descanso  de 10:30  a 10:40 (camiñar pola casa, bailar, facer alguna tarefa do fogar, recortar, sair ao xardín, si tedes a sorte de telo…) 
Traballo do cole de 10:40 a 11:10
Descanso  de 11:10 a 11:20(xogo de mesa, crucigrama, saltar á corda, tocar un instrumento musical…)
Traballo do cole de 11:20 a 12:00
Merenda e xogo libre de 12:00 a 12:30
Traballo do cole  de 12:30 a 13:00

Tamén debedes buscar un rato para ler (alomenos 30 minutos diarios)

Todas as tarefas que vos iremos poñendo neste blog, fixaste na lapela do curso e verás que están indicadas para os días 16, 17, 18, 23, 24, 25, 26  e 27 de marzo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario